Lector de libros electrónicos
O usuario da biblioteca poderá ler os seus préstamos no seu lector de libros electrónicos. Para iso poderá empregar dúas das opcións que se explican a continuación. En xeral, para ler un libro dixital prestado pola biblioteca nun lector de libros electrónicos, é necesario descargar o ficheiro nun ordenador e despois transferir o libro ao lector.
Os lectores Amazon Kindle non son compatibles cos formatos utilizados por eBiblio. Isto débese a que Kindle só le nos seus dispositivos o formato AWZ, desenvolvido e vendido exclusivamente por Amazon, e algún outro formato sen dereitos de autor, non admitindo outros formatos estándar da industria editorial.
Os ficheiros están protexidos por DRM (Digital Rights Management), un seguro ou protección dixital que permite controlar diferentes parámetros do préstamo dixital, especialmente a súa duración, para respectar os dereitos de propiedade intelectual.
Para protexer os ficheiros descargados para lectura nun lector electrónico, eBiblio utiliza estes dous DRM:
LCP (Licensed Content Protection)
Ler nun ereader > Vivlio / PocketBook / inkBOOKACS (Adobe Content Server) ou Adobe Digital Editions .acs / .acsm
Ler nun ereader > Outros ereaders
1. Transferir ao teu lector un ficheiro protexido con .lcpl
Podes transferir facilmente un ebook prestado ao teu e-reader utilizando o Explorador de ficheiros (Windows) ou o Finder (Mac).
Conecta o lector de libros electrónicos ao ordenador mediante un cable USB.
Abre o Explorador de ficheiros (Windows) ou o Finder (Mac).
Asegúrate de que o lector aparece como dispositivo conectado.
Vai ao cartafol Descargas ou ao lugar onde gardases o ficheiro .lcpl descargado.
Selecciona o ficheiro que queiras transferir. Lembra que debe ter extensión .lcpl.
Copia ou move o ficheiro .lcpl desde o ordenador ao cartafol do teu e-reader.
Expulsa e desconecta o teu e-reader. A publicación xa estará dispoñible e lista para abrirse.
Lembra que tamén podes transferilo por Bluetooth ou, se navegas desde o propio dispositivo, podes descargar o ficheiro directamente no ereader sen ter que transferilo desde o ordenador.
Abrir un préstamo nun lector compatible con LCP (Vivlio, PocketBook, Tolino ou Bookeen DIVA)
Cando abras o teu préstamo por primeira vez nun lector Vivlio/PocketBook, Tolino ou Bookeen DIVA, primeiro terás que desbloquealo cun contrasinal.
Este contrasinal fornécecho a plataforma de préstamo como resposta a unha pregunta secreta e corresponde ao teu ID de usuario empregado para acceder a eBiblio.
Asegúrate de que o teu e-reader está conectado a internet, normalmente por wifi.
Preme sobre a publicación que queres abrir; pedirache o contrasinal.
Introduce como contrasinal a resposta á pregunta secreta.
O ebook desbloquearase e abrirase con normalidade. Non terás que volver introducir o contrasinal salvo que restablezas o dispositivo.
Devolver un documento de forma anticipada nun lector compatible con LCP
A devolución é posible. Simplemente, nas opcións do título debes seleccionar Devolver o libro prestado.
2. Transferir ao teu lector un ficheiro protexido con .acs (Adobe Digital Editions)
O seguro ACS (Adobe Content Server) é a solución ofrecida por Adobe. Para consultar un libro protexido con ACS é necesario ter unha conta Adobe (un identificador persoal e gratuíto) e utilizar unha aplicación de lectura compatible.
Un ID de Adobe é unha conta gratuíta que che permite abrir libros protexidos por un seguro dixital e lelos en varios dispositivos.
O proceso é o seguinte:
Realizar o préstamo do documento desde a web.
Confirmar o préstamo.
Seleccionar Outros ereaders. Esta opción require Adobe Digital Editions.
Abrir o documento descargado, que terá extensión .acsm.
O ficheiro abrirase por defecto con Adobe Digital Editions.
Transferir o libro ao lector de libros electrónicos
Conecta o lector ao ordenador mediante cable USB.
En Adobe Digital Editions, selecciona o documento que queiras transferir.
Fai clic co botón dereito e escolle Copiar a dispositivo.
Unha vez copiado o ficheiro, desconecta o lector de maneira segura.
Devolver un documento de forma anticipada desde Adobe
A devolución anticipada non é posible desde o lector de libros electrónicos, pero si desde Adobe Digital Editions:
Na biblioteca de ADE, fai clic co botón dereito e selecciona Devolver elemento prestado.
Tamén é posible devolver o libro desde a biblioteca electrónica:
Accede á páxina Préstamos e reservas desde a túa conta.
En Préstamos activos, fai clic en Devolver préstamo no documento correspondente.
Confirma a devolución premendo OK.
Se a devolución anticipada non está dispoñible desde o navegador web, aparecerá unha mensaxe informativa.
Se o préstamo non se devolve anticipadamente, devolverase automaticamente ao finalizar o período establecido pola biblioteca.