Debe contactar coa súa biblioteca para recibir información sobre o procedemento de actualización dos seus datos persoais.

Para acceder o servizo de eBiblio cómpre ter a tarxeta de usuario pertencente a algunhas das Redes de Bibliotecas Públicas de España, un correo electrónico e a correspondente clave de acceso, que será facilitada no momento no que se expide a tarxeta de usuario. Se non dispón de tarxeta de usuario, pode dirixirse á súa biblioteca. Algunhas comunidades autónomas tamén permiten darse de alta no servizo a través da páxina do seu eBiblio.

Debe contactar coa súa biblioteca para coñecer o procedemento de recuperación desta información.

Isto pode ser debido a varios motivos: que teña algunha penalización na súa tarxeta polo atraso na devolución de documentos na modalidade de préstamo físico ou presencial dependendo da súa Comunidade Autónoma ou que a súa tarxeta de usuario estea caducada. Recoméndase poñerse en contacto coa súa biblioteca para resolver o problema.

Este erro aparece porque o PDF que se quere descargar é demasiado grande para o DRM LCP. Pode que borrando memoria do dispositivo se solucione. O límite de 40 mb na app co LCP non é fixo, depende da memoria do aparato Android. Se persiste o problema pode realizar a lectura en liña da revista.