A aplicación Thorium Reader, un software libre desenvolto por EDRLab, permite abrir e ler libros electrónicos no computador. É compatible co formato da maioría dos préstamos dixitais realizados nas bibliotecas. Hai diferentes versións de Thorium, tanto para PC, Mac e Linux.

Para instalar Thorium Reader no seu Mac ou PC:

  1. Descargar e instalar o programa desde a páxina de Thorium Reader. Tamén pode utilizar unha destas ligazóns directas para Mac, Windows ou Windows versión 10 e superior.
  2. Seleccionar o idioma desexado desde Opcións de configuración / Settings
  3. Abrir o arquivo .lcpl descargado do préstamo, ou arrastrar ese arquivo a Thorium e gozar da lectura sen Internet.