Un libro electrónico pode lerse en diferentes dispositivos:

  • un ordenador;
  • un lector de libros electrónicos;
  • unha tableta;
  • un teléfono intelixente.

Só é preciso asegurarse de que o dispositivo sexa compatible con formatos PDF e EPUB, así como co sistema de xestión de dereitos dixitais DRM (Digital Rights Management, en inglés), a tecnoloxía que se emprega para xestionar dereitos de autor dos contidos dixitais e que controla a duración dos préstamos.

En eBiblio emprégase o sistema LCP (Licensed Content Protection) para a lectura nos dispositivos móbiles iOS ou Android e para o lector en liña, mentres que se emprega o sistema ACS (Adobe Content Server) utilízase cando se descargan os contidos. Para poder consultar un libro protexido con ACS é necesario ter unha conta Adobe (un identificador persoal e de balde).

Modelos

EPUB

PDF

Kobo
Aura, Aura ONE, Aura H2O, Aura HD, Clara HD, Forma, Glo, Glo HD, Libra H2O, Nia, Touch, Touch 2.0

(tick)(tick)

NOOK
GlowLight, GlowLight 3, GlowLight Plus 6, GlowLight Plus 7.8, SimpleTouch, SimpleTouch GlowLight

(tick)(tick)

PocketBook
Basic Lux 2, Basic 4 Black, Touch HD3-spicy copper, Touch HD3-metallic grey, InkPad 3 dark brown, InkPad 3 black, Touch Lux 5 Ruby Red, Touch Lux 5 Ink Black, Color Moon Silver, InkPad 3 Pro Metallic Grey, InkPad X Grey

(tick)(tick)

Bookeen
Bookeen Saga, Cybook Muse, Cybook Muse HD, DIVA, DIVA HD

(tick)(tick)

Tolino
Epos 2, Page 2, Shine 2, Vision 5

(tick)(tick)

Lectores non compatibles:

  • Tagus Gaia
  • Tagus Coral

Non se poderá ler ningún libro nos lectores Amazon Kindle (con ningún modelo), xa que estes non son compatibles cos arquivos en formato EPUB. Os lectores Kindle só son compatibles co formato AWZ, un formato desenvolvido e vendido unicamente por Amazon. As tabletas Amazon Fire, que empregan un sistema de explotación Android, si poden ser compatibles (véxase Tabletas compatibles).

Modelos

EPUB

PDF

Apple
iPad 2nda generación y posteriores, iPad Air, iPad Mini, iPad Pro
(tick)(tick)

Android
Acer Iconia, Amazon Fire*, ASUS ZenPad, Google Nexus y Pixel, Huawei MediaPad, Lenovo Tab, LG G Pad, Samsung Galaxy Tab y otros modelos de otros fabricantes.

(tick)(tick)
Chromebook
Chromebooks que soportan aplicaciones Android (modelos comercializados en 2019 y posteriores).
(tick)(tick)

Microsoft Surface
Surface Book, Surface Pro

(tick)(tick)

Algúns modelos de tabletas antigos non permiten descargar a aplicación eBiblio, é o caso das seguintes tabletas:

  • Chromebooks que non admiten as aplicacións Android (modelos comercializados antes do 2019)
  • iPad 1.ra xeración
  • Microsoft Surface RT e Surface Go

Todos os teléfonos intelixentes son compatibles, agás aqueles que empreguen o sistema operativo IOS anterior á versión 13.