Web
Para as accións relacionadas co préstamo, devolución e reservas e lista de favoritos, o usuario debe empregar a súa conta de usuario.
Pode acceder á devandita conta desde o botón A miña conta na parte superior da páxina e inserir o usuario e o contrasinal asignado pola súa biblioteca.
1. Pasando o rato sobre os documentos amosados na pantalla aparece un despregable que informa de se o documento está dispoñible para o préstamo «Prestar» ou non ten exemplares libres nese momento Reservar.
2. Se está dispoñible para o préstamo, prema sobre o documento do seu interese para ver información detallada sobre este e seleccione a opción Prestar. A opción Vista previa descarga parte do contido libro, o cal lle permitirá valorar se o libro é do seu interese.
3. Nun último paso pode confirmar ou Anular o préstamo.
Se o documento non se atopa dispoñible para o préstamo, aparecerá no despregable Reservar e amosarase unha data aproximada para a súa dispoñibilidade.
Se desexa levar o documento cando existan exemplares dispoñibles, prema sobre o documento para ver información detallada sobre este e seleccione Reservar. A opción Vista previa descarga contido do comezo do libro, o cal lle permitirá valorar se o libro é do seu interese.
O documento reservado amosaráselle na súa conta de usuario no apartado Préstamos e reservas, co número de orde da súa reserva e unha data aproximada de dispoñibilidade.
Cando o documento conte con exemplares dispoñibles, recibirá unha notificación por correo electrónico para que realice o préstamo do documento.
Se desexa anular a reserva pode facelo desde o botón Anular a miña reserva.
O acceso aos documentos prestados realízase desde a conta de usuario, no apartado Préstamos e reservas.
Desde este apartado ofrécense dúas modalidades de acceso ao contido dos documentos: lectura en liña ou descarga.
- Ler en liña require contar cunha conexión a datos no momento da lectura, sendo unha lectura en streaming, sen descargar o documento.
- Descargar descarga o documento na aplicación Adobe Digital Editions (ADE), polo que o dispositivo de lectura debe ter descargado este programa (Adobe Digital Editions (ADE): crear conta e instalación). Esta opción tamén deberá empregarse para exportar o préstamo a un lector de libros dixitais.
Lectura en liña, abre unha aplicación de lectura con acceso ao índice e a un buscador, , e a opcións de configuración de texto, . Tamén ofrece unha opción audible automática.
- Facer clic na portada do audiolibro na sección Inicio ou Os meus libros da aplicación.
- Se é a primeira vez que se escoita, o libro comezará desde o principio. Se xa comezou a audición, retomarase no punto no que se deixou.
- Visualízase unha pantalla coas seguintes opcións:
Atrasar 30 segundos a lectura. | |
Avanzar 30 segundos a lectura. | |
Volver ao capítulo anterior. | |
Avanzar ao capítulo seguinte. | |
Modificar a velocidade de lectura. |
Requírese conexión a Internet para escoitar o audiolibro.
Os documentos prestados devolveranse automaticamente ao rematar o período de préstamo.
Devolver un documento de xeito anticipado: acceda á opción Préstamos e reservas da conta de usuario e abra a opción de lectura Ler en liña.
Desde a aplicación de lectura empregarase a opción Devolver o libro.
Devolver un audiolibro
1.- Despregar os tres puntos da parte superior
2.- Seleccionar a opción Devolver audiolibro