Para poder ler os seus libros no sistema de Adobe Digital Editions da nova plataforma eBiblio, debe cambiar o ID de usuario Adobe que usaba na anterior plataforma. O antigo ID que usaba debe ser substituído por un novo ID persoal.

  • Abra Adobe Digital Editions no seu dispositivo.
  • Entre na sección Axuda e seleccione «borrar autorización» e a continuación aceptar.
  • Saia do programa Adobe Digital Editions e despois entre de novo.
  • Unha vez dentro de novo, desde a sección Axuda, seleccione autorizar equipo e a continuación poña o seu ID persoal de Adobe* (no canto do ID que usaba na plataforma anterior).

Unha vez realizados estes pasos, o seu libro descárgase con normalidade nese dispositivo.

(*) No caso de que non teña un ID persoal de Adobe, pode seguir estes pasos para crealo: https://helpx.adobe.com/es/manage-account/using/create-update-adobe-id.html