Adobe permite crear unha conta de usuario de balde para poder abrir e transferir, co programa Adobe Digital Editions, libros protexidos cun sistema de xestión de dereitos dixitais DRM (Digital Rights Management, en inglés), a tecnoloxía que se emprega para xestionar dereitos de autor dos contidos dixitais e que controla a duración dos préstamos.

Para crear unha conta en Adobe debe seguir os pasos indicados a continuación:

  1. Acceder á páxina de conexión de Adobe: https://accounts.adobe.com/
  2. Facer clic en Crear unha conta.
  3. Cubrir o formulario e tomar nota do enderezo de correo e o contrasinal.
  4. Ler as condicións de uso e facer clic en Crear unha conta.

1. Descargar Adobe Digital Editions

Pode instalar a última versión de Adobe Digital Editions para Windows na seguinte ligazón: https://www.adobe.com/solutions/ebook/digital-editions/download.html. Porén, recoméndase instalar a versión 3, xa que con versións posteriores pode aparecer un erro no lector de libros electrónicos mencionando a imposibilidade de abrir o arquivo por mor dun problema de autorización. Pode descargar a versión 3 de ADE na seguinte ligazón: http://download.adobe.com/pub/adobe/digitaleditions/ADE_3.0_Installer.exe

2. Instalar Adobe Digital Editions

Unha vez rematada a descarga, facer clic no arquivo de instalación descargado a partir do navegador ou da carpeta de Descargas para abrilo.

  • Facer clic na icona que representa unha carpeta na barra de tarefas do PC para abrir o explorador de arquivos.
  • Facer clic na carpeta de Descargas.
  • Facer clic no arquivo de instalación descargado que terá como extensión .exe.
  • Na ventá de instalación que aparece, marcar o recadro Acepto os termos da licenza e facer clic en Seguinte.
  • Facer outra vez clic en Seguinte e logo en Instalar.

É posible que Windows lle pida instalar .NET Framework 3.5 Service Pack 1 antes de continuar coa instalación. Se é o caso, instale este complemento antes de reiniciar a instalación de Adobe Digital Editions.

Se é a primeira vez que instala Adobe Digital Editions, aparecerá unha ventá de Get Norton Security Scan. Para evitar a instalación desta aplicación non solicitada, inactive o recadro previsto para este efecto na parte inferior da ventá antes de facer clic en Seguinte.

  • Unha vez completada a instalación, facer clic en Pechar para rematar o proceso de instalación.

 3. Autorizar o PC en Adobe Digital Editions

  • Abrir a aplicación Adobe Digital Editions no seu PC.
  • Facer clic en Axuda no menú.
  • Facer clic en Autorizar o ordenador....
  • Inserir o correo electrónico e o contrasinal empregados na creación da conta Adobe.
  • Facer clic en Autorizar.

Adobe Digital Editions está agora configurado para ler libros dixitais. Xa non terá que repetir as etapas precedentes.

1. Descargar Adobe Digital Editions

Pode instalar a última versión de Adobe Digital Editions para IOS na seguinte ligazón: https://www.adobe.com/solutions/ebook/digital-editions/download.html. Porén, recoméndase instalar a versión 3, a non ser que o sistema do Mac sexa MacOs Catalina (ou versións posteriores), xa que coas últimas versións de ADE pode aparecer un erro no lector de libros electrónicos mencionando a imposibilidade de abrir o arquivo por mor dun problema de autorización. Pode descargar a versión 3 de ADE na seguinte ligazón: http://download.adobe.com/pub/adobe/digitaleditions/ADE_3.0_Installer.dmg

O sistema de explotación macOS Catalina (e versións posteriores) non admite as aplicacións de 32 bits, e a versión 3 de Adobe Digital Editions é unha aplicación de 32 bits, mentres que a versión máis recente é unha aplicación de 64 bits. Se ten problemas coa transferencia dun libro de Adobe Digital Editions ao seu lector e o sistema de explotación do seu Mac é macOS Catalina (ou unha versión posterior), entón deberá instalar unha versión máis antiga do seu sistema de explotación macOS, como por exemplo Sierra. Para saber máis sobre a incompatibilidade das aplicacións de 32 bits a partir de macOS Catalina, consulte https://support.apple.com/HT208436

2. Instalar Adobe Digital Editions

Unha vez rematada a descarga, facer clic no arquivo de instalación descargado a partir do navegador ou abrindo unha nova ventá en Finder:

  • Facer clic no escritorio do seu ordenador Mac.
  • No menú, facer clic en Arquivo.
  • Facer clic en Nova ventá Finder.
  • Na súa ventá Finder, facer clic en Descargas.
  • Facer clic no arquivo de instalación descargado, que terá unha extensión .dmg
  • Na ventá de instalación que aparece, facer clic en Digital Editions Instalar.
  • Facer clic en Continuar, despois outra vez en Continuar e logo en Aceptar para aceptar os termos do contrato de licenza do programa.
  • Facer clic en Continuar, logo en Instalar, despois escribir o contrasinal do seu Mac e facer clic en Instalar o programa para lanzar a instalación.
  • Unha vez completada a instalación, facer clic en Pechar para rematar o proceso de instalación.

 3. Autorizar o MAC en Adobe Digital Editions

  • Abrir a aplicación Adobe Digital Editions no seu Mac.
  • Facer clic no escritorio do seu ordenador Mac.
  • Na barra do menú, facer clic en Arquivo.
  • Facer clic en Nova ventá Finder.
  • No menú da ventá Finder, facer clic en Aplicacións.
  • Facer clic en Adobe Digital Editions.
  • No menú, facer clic en Axuda.
  • Facer clic en Autorizar o ordenador....
  • Inserir o correo electrónico e o contrasinal empregados na creación da conta Adobe.
  • Facer clic en Autorizar.

Adobe Digital Editions está agora configurado para ler libros dixitais. Xa non terá que repetir as etapas precedentes.

Se é a primeira vez que emprega o seu lector de libros electrónicos con Adobe Digital Editions, é necesario autorizalo para que o programa o recoñeza e poida transferir os libros electrónicos que teña en préstamo. Para autorizalo, debe facer o seguinte:

  • Abrir Adobe Digital Editions (ADE).
  • Conectar o lector de libros electrónicos ao ordenador a través do cable fornecido polo fabricante.
  • Ir ao apartado Dispositivos de ADE.
  • Facer clic sobre o nome do dispositivo (ADE recoñecerao automaticamente).
  • Facer clic en «Opcións do dispositivo» e «Autorizar dispositivo». Apareceralle unha mensaxe de confirmación.
  • Só cumprirá realizar estes pasos unha vez.