Lector de libros electrónicos
Modo de lectura opcional para os usuarios que queiran elixilo fronte ás outras alternativas de lectura que ofrece eBiblio. É unha opción de lectura sen conexión que usa un dispositivo compatible con Adobe DRM.
Os lectores Amazon Kindle non son compatibles co formato epub empregado por eBiblio. Isto débese a que Kindle só le nos seus dispositivos o formato AWZ desenvolvido e vendido exclusivamente por Amazon e algún outro formato sen dereitos de autor, non admitindo outros formatos estándar da industria editorial como o EPUB.
A lectura dos libros prestados nun lector de libros electrónicos require, previamente, ter unha conta autorizada de Adobe e descargado o programa Adobe Digital Editions no ordenador co identificador do usuario. Ademais, se é a primeira vez que emprega o dispositivo, terá que autorizalo con Adobe Digital Editions. (Adobe Digital Editions (ADE): crear conta e instalación).
O proceso será da seguinte maneira:
1. Tomar prestado o documento a través da web.
2. Seleccionar a opción Descargar.
3. Abrir o documento descargado, que terá unha extensión acsm.
4. Este ficheiro abrirase de forma predeterminada en Adobe Digital Editions.
Transferir o libro ao lector de libros electrónicos
1. Conecte o lector ao ordenador empregando o cable USB.
2. Desde Adobe Digital Editions, seleccione o documento que queira transferir ao lector de libros electrónicos.
3. Botón dereito do rato – Copiar a dispositivo.
4. Unha vez copiado o ficheiro, desconecte o lector do seu ordenador de forma segura.
Devolver documentos desde o lector de libros electrónicos
A devolución anticipada non é posible desde o lector de libros electrónicos nin desde Adobe Digital Editions. Aínda que Adobe Digital Editions ofrece esta opción, ao seleccionala non se devolve anticipadamente o libro, simplemente elimínase desta aplicación.
Para devolver anticipadamente un documento deben empregarse as opcións dispoñibles desde a web (Préstamo, lectura, devolución e reserva - Web) e desde a app (Préstamo, lectura, devolución e reserva - App).