Non, a devolución debe facerse a través da app ou desde a web de eBiblio.

Si, se desexa devolver un libro ou documento antes de que remate a data de vencemento de préstamo, poderá facelo:

  • Na web accedendo á súa lectura en liña, onde aparece o botón Devolver o libro.
  • Na app accedendo a Os meus libros e premendo lixeiramente na portada do libro ou documento. Aparecerá unha serie de opcións entre as que se atopa Devolver.

Teña en conta que pode existir unha limitación de devolucións anticipadas por usuario e mes.

Si, se desexa devolver un audiolibro antes de que remate a data de vencemento de préstamo, poderá facelo:

  • Na web accedendo á súa lectura en liña, despregar os tres puntos da parte superior e seleccionar a opción Devolver o libro.
  • Na app accedendo a Os meus libros e premendo lixeiramente na portada do libro ou documento. Aparecerá unha serie de opcións entre as que se atopa Devolver.