Búscase empregando a caixa de busca da barra superior.

Busca, en todo o catálogo, a palabra ou as palabras inseridas na caixa de busca que se atopen nun ou en varios dos seguintes campos: título, autor, narrador, editor, ISBN e descrición.

Permite unha busca máis precisa, xa que busca a palabra ou as palabras solicitadas unicamente no campo asignado.

Faga clic na opción Avanzada do cadro de busca que desprega un formulario. Este formulario permite limitar os termos de busca a un campo concreto e aplicar un ou varios filtros para restrinxir os resultados, mesmo de forma simultánea.

Aplicando os filtros da esquerda da páxina, no separador Catálogos, pódense realizar buscas por categorías. Os filtros dispoñibles para estas son:

Materia

Do contido do documento

Tipoloxía documentalLibros electrónicos, audiolibros, vídeos
Lingua             

Do contido do documento 

PúblicoAdulto ou infantil/xuvenil
Formato electrónicoDo documento

A busca devolverá todos os documentos que conteñan unha ou varias das palabras que figuran na busca, seguindo a lóxica «ou» para cada unha das palabras buscadas, o que pode xerar un exceso de resultados.

  • Así para a busca pé torre Eiffel
  • Buscará todos os rexistros que conteñan as palabras pé «ou» torre «ou» Eiffel nun ou en varios campos de busca.

Para mellorar a busca, pódense empregar as seguintes categorías:

  • Uso de «comiñas» que indica a expresión exacta da busca. Por exemplo, para a frase «Ao pé da torre Eiffel» amosaranos unicamente os documentos que conteñan esas palabras e nesa orde.
  • Visualizar todos os libros dun mesmo autor, materia ou editor. Só hai que facer clic no nome do autor, editor ou materia que aparezan en calquera ficha que conteña eses datos do noso interese.

A busca xerará o maior número de resultados posibles segundo os termos de busca inseridos.

Amósanse ordenados de maior a menor pertinencia, dando maior importancia aos termos relacionados co título e cos autores, seguidos dos relacionados coa descrición e o editor. O número de veces que aparecen os termos de busca nos resultados tamén inflúe na súa orde de aparición.

A parte superior da páxina de resultados permite ordenar os rexistros por orde alfabética de títulos, así como por data de publicación.

Tamén amosa información relativa ao número de resultados amosados por páxina e ao total de resultados da busca:

Filtros, na esquerda da páxina, amosa as categorías dos documentos devoltos pola busca, que poden empregarse para delimitar os resultados. As categorías dispoñibles son:

  • Materia 
  • Tipo de documento
  • Lingua
  • Público
  • Formato

O menú de paxinación, situado na parte inferior da páxina, permite navegar a través das diferentes páxinas de resultados.