1. Facer clic en Catálogos / Explorar no apartado correspondente á súa biblioteca.
  2. Pódense consultar as seccións de contidos recomendados elaboradas pola biblioteca (novidades etc.).
  3. Empregarase a lupa para realizar unha busca en texto libre.
  4. Facendo clic na imaxe da portada dun libro, accédese á ficha detallada.
  5. Pódese empregar o menú Explorar e filtrar por: ebooks, audiolibros, vídeos, revistas, dispoñible agora (títulos dispoñibles para préstamo nese momento).
  6. Se se utilizou algún dos filtros anteriores, pódese precisar a procura utilizando os  filtros adicionais que se despregan facendo  clic sobre o  ícono de pirámide investida que aparece á beira da lupa:
    1. Dispoñibilidade
      1. Todos: todos os libros do catálogo, estean ou non dispoñibles.
      2. Dispoñibles agora: só os libros dispoñibles nese momento.
    2. Orde
      1. Adquisicións recentes: os últimos libros engadidos ao catálogo da biblioteca sen importar a data de publicación.
      2. Publicacións recentes: os libros publicados máis recentes que foron engadidos á biblioteca.
    3. Lingua
    4. Tipo de documento
      1. Libros dixitais: amosar unicamente os libros dixitais, excluíndo os audiolibros.
      2. Audiolibros: amosar unicamente os audiolibros excluíndo os libros dixitais.
    5. Categoría: permite elixir unha categoría específica que se desexe explorar.

Para quitar un filtro, só hai que deseleccionar o filtro marcado.