- Facer clic en Catálogos / Explorar no apartado correspondente á súa biblioteca.
- Pódense consultar as seccións de contidos recomendados elaboradas pola biblioteca (novidades etc.).
- Empregarase a lupa para realizar unha busca en texto libre.
- Facendo clic na imaxe da portada dun libro, accédese á ficha detallada.
- Pódese empregar o menú Explorar e filtrar por: ebooks, audiolibros, vídeos, revistas, dispoñible agora (títulos dispoñibles para préstamo nese momento).
- Se se utilizou algún dos filtros anteriores, pódese precisar a procura utilizando os filtros adicionais que se despregan facendo clic sobre o ícono de pirámide investida que aparece á beira da lupa:
- Dispoñibilidade
- Todos: todos os libros do catálogo, estean ou non dispoñibles.
- Dispoñibles agora: só os libros dispoñibles nese momento.
- Orde
- Adquisicións recentes: os últimos libros engadidos ao catálogo da biblioteca sen importar a data de publicación.
- Publicacións recentes: os libros publicados máis recentes que foron engadidos á biblioteca.
- Lingua
- Tipo de documento
- Libros dixitais: amosar unicamente os libros dixitais, excluíndo os audiolibros.
- Audiolibros: amosar unicamente os audiolibros excluíndo os libros dixitais.
- Categoría: permite elixir unha categoría específica que se desexe explorar.
Para quitar un filtro, só hai que deseleccionar o filtro marcado.