A busca xerará o maior número de resultados posibles segundo os termos de busca inseridos.
Amósanse ordenados de maior a menor pertinencia, dando maior importancia aos termos relacionados co título e cos autores, seguidos dos relacionados coa descrición e o editor. O número de veces que aparecen os termos de busca nos resultados tamén inflúe na súa orde de aparición.
A parte superior da páxina de resultados permite ordenar os rexistros por orde alfabética de títulos, así como por data de publicación.
Tamén amosa información relativa ao número de resultados amosados por páxina e ao total de resultados da busca:

Filtros, na esquerda da páxina, amosa as categorías dos documentos devoltos pola busca, que poden empregarse para delimitar os resultados. As categorías dispoñibles son:
- Materia
- Tipo de documento
- Lingua
- Público
- Formato

O menú de paxinación, situado na parte inferior da páxina, permite navegar a través das diferentes páxinas de resultados.
