Por que non podo acceder á lectura con Adobe con meu usuario ID habitual?
Para poder ler os seus libros no sistema de Adobe Digital Editions da nova plataforma eBiblio, debe cambiar o ID de usuario Adobe que usaba na anterior plataforma. O antigo ID que usaba debe ser substituído por un novo ID persoal.
Como pode facer o cambio de ID?
Abra Adobe Digital Editions no seu dispositivo.
Entre na sección Axuda e seleccione «borrar autorización» e a continuación aceptar.
Saia do programa Adobe Digital Editions e despois entre de novo.
Unha vez dentro de novo, desde a sección Axuda, seleccione autorizar equipo e a continuación poña o seu ID persoal de Adobe* (no canto do ID que usaba na plataforma anterior).
Unha vez realizados estes pasos, o seu libro descárgase con normalidade nese dispositivo.